Bodegas Rilo

T“oda a miña vida entre viñedos…” lembra D. Ricardo Rilo Villar, propietario das Bodegas Rilo e continuador dunha tradición que iniciou o seu pai alá polo ano 1946. Traballando nas viñas desde moi neno, aprendeu todos os segredos dun oficio que se convertería no centro da súa vida.

A tradición familiar converteuse en actividade empresarial hai xa máis de vinte anos [publicado 2011] cando escolleu o lugar de Santa Marta de Babío, en Bergondo, para asentar a súa empresa de elaboración de viños de mesa e augardente. Andando o tempo, e xa acompañado polo seu fillo, D. Ricardo Rilo Pérez, terceira xeración desta dinastía de viticultores, ampliou a oferta de produtos, incorporando outros destilados coma o licor café, augardente de herbas e crema de augardente.

Nunha decidida aposta pola diferenciación e a calidade, Bodegas Rilo da un salto cualitativo e inicia a produción e comercialización de viño branco e tinto amparado dentro da IXP “Viño da Terra de Betanzos”. Sen deixar nada ao azar, a empresa realiza e supervisa coidadosamente todo o proceso produtivo, dende o cultivo e vendimia das súas propias viñas, a crianza, embotellado e distribución.

Ao mesmo tempo, froito desa inquietude pola excelencia e a innovación, están intentando dar un pulo ás tradicionais e únicas castas de Branco Lexítimo e Agudelo, na que a adega ten grandes esperanzas cara o futuro. Son uvas autóctonas de alta calidade, exclusivas de Galicia e Asturias e que se cultiva na comarca de Betanzos dende hai séculos.

Bodegas Rilo

  • Ano fundación: 1946
  • Produtos que elabora: Elaboración, envasado e distribución de viños e aguardentes.
  • Persoa de contacto: Ricardo Rilo Pérez
  • Localización: Aldea de Arriba, núm.52 15165 Santa Marta de Balbío Bergondo – A Coruña
  • Teléfono: 981 795 832
  • Enderezo electrónico: bodegasrilo@bodegasrilo.com
  • Web: www.bodegasrilo.com
  • Visitas: Si, previa cita concertada