Tras esta experiencia, descubriu o moito que lle gustaba a agricultura realizada de forma ecolóxica, así como as tradicións e a vida no rural.
Un día falando cun amigo díxolle que necesitaba a alguén que cultivara por el, xa que, debido o seu traballo, non dispoñía de tempo para ter unha horta para autoconsumo. Así que lle propuxo a Isabel que aumentara a superficie de invernadoiro para logo poder comprarlle parte da súa produción.
E Isabel así o fixo, pouco a pouco foi aumentando o número de invernadoiros e cultivando máis superficie no exterior ata ter incluso que contratar a unha persoa para poder vender en feiras, tendas e particulares.
Tras aumentar constantemente o número de clientes, decidiu montar unha tenda en A Coruña (Horta + Sá), para poder cubrir todas estas necesidades.
A súa tenda é un referente de venta en fresco e ademais ten un papel concienciador ao; informar sempre aos clientes dos beneficios da alimentación saudable.
En Horta + Sá teñen todo tipo de produtos frescos ecolóxicos, facendo especial énfase nos produtos locais. A gran parte dos produtos frescos proceden da súa propia explotación agraria ecolóxica (Finca Bouzón S.C).