A
postando polo amorodo
Os da paroquia de Sarandós, no concello de Abegondo, poden presumir de ter dende hai más de 40 anos das plantacións de amorodos máis grandes de Galicia.
Entre elas naceron Manuel e Miguel Vázquez, dous irmáns que dende xa de nenos xogaban entre tractores e os amorodos que plantaban os seus pais.
Coñecedores do negocio, a principios do ano 2000 decidiron poñerse ao fronte da explotación, cultivando amorodos nas súas fincas e creando unha nova sociedade civil.
“Ademais estamos empezando a producir kiwi amarelo, que ten unhas calidades nutritivas e de sabor tamén excelentes”
Frutas Geixade, S.C.
Os amorodos que plantamos son da variedade “diamante selva“, moi parecida ao amorodo de Huelva, así como outras variedades remontantes”.
En Sarandós teñen a cámara para refrixeralas, así como o camión frigorífico co que fan o reparto, principalmente ao Mercado Central de Froitas da Coruña, aínda que tamén venden a pequenas tendas de Abegondo, Carral, Betanzos … “Tamén vendemos na propia explotación, co que así aforramos os custos de transporte”
Non teñen previsto ampliar o negocio a curto prazo, pois como di Manuel “temos que ir aguantando, que é o importante nestes tempos.”