Granxas de Lousada

Sergio Boado e Dolores Porto son dous emprendedores rurais. El ven da construción e ela do sector téxtil. Por mor da crise lanzáronse a un Proxecto de produción ecolóxica e de venda directa ao consumidor.
Non empezaron de cero, Dolores ven dunha familia que tiña unha explotación de vacas leiteiras e eles reconvertérona na actual granxa de produción ecolóxica.
Teñen unha superficie en monte de 30 hectáreas e recuperaron terra arable. O terreo está xestionado baixo criterios ecolóxicos, no que se trata tamén de recuperar tanto prados de pasto como bosques.
A diversificación da produción é unha das características máis singulares da granxa, tratan que a familia que lle merque poida levar de todo, ofrecéndolles produtos de horta, pero tamén xatos, cordeiros e porcos, todo con certificación ecolóxica.
Sergio, un carpinteiro reconvertido en granxeiro é o que se ocupa dos animais e da horta, mentres Dolores vai ao mercado de Betanzos 3 días por semana a vender a colleita recollida o día anterior.
O obxectivo fundamental en Granxas de Lousada é o respecto pola natureza e o bo trato dos animais.

Granxas de Lousada

  • Nome: Sergio Nicolás Boado Seoane
  • Teléfono: 657 103 468
  • Enderezo electrónico: sboados@gmail.com