Marca Reserva de Biosfera

Que é a marca da Reserva de Biosfera?

A marca Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo é un distintivo que recoñece aos produtos agroalimentarios e servizos do territorio que ofrecen uns valores acordes co espazo no que se desenvolven.

Créase coa finalidade de diferenciar, engadir valor, promocionar e difundir os recursos locais, produtos e servizos que potencien as actividades económicas tradicionais e a economía social no marco da sustentabilidade do territorio amparado.

Que valores promove a marca?

O emprego da marca Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo agroma co obxecto da promoción e defensa da calidade, garantía e orixe dos produtos da área da Reserva, obtidos a partir dun saber facer responsable e respectuoso co medio ambiente.

A Reserva de Biosfera como figura de recoñecido prestixio avalada pola UNESCO deberá servir como vínculo do conxunto dos valores dos produtos amparados e, ao mesmo tempo, como reclamo cara o consumidor.
O fin último da marca é do da diferenciación dos seus produtos e/ou servizos.

Que aportará a marca aos usuarios?

1.  A adopción da marca por parte dun conxunto de produtos/servizos proporcionará:

  • Valores de: volume, homoxeneidade e estabilidade de subministro.
  • Maior facilidade de obtención de recursos para servizos ou tarefas.

2. Os usuarios da marca contarán co apoio da imaxe corporativa da mesma, que axudará á súa identificación e asociación coa Reserva de Biosfera.

 

3. Esta imaxe da marca faise extensible ao etiquetado, packaging, cartelería, mer-chandising …

 

 

Adhesión a outras iniciativas

Co obxectivo de aumentar a súa capacidade de penetración no mercado e potenciar a súa imaxe, a marca da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo adherirase á futura marca da Rede de Reservas de Biosfera Españolas.

A Rede de Reserva de Biosfera Españolas está integrada polo conxunto das 47 reservas designadas pola UNESCO no conxunto do estado. A súa coordinación está asumida polo Orga-nismo Autónomo Parques Nacionais (OAPN) do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente.

Ao igual que no caso da imaxe corporativa da propia marca, os produtos adheridos poderán empregar tamén o logotipo desta outra marca de máis amplo rango.

Club de ecoturismo de España

O Club de produto turístico Reservas da Biosfera Españolas é un método destinado a xerar un produto turístico diferenciado polo seu emprazamento en territorios que ostentan a distinción de Reserva de Biosfera e nos que é posible coñecer e gozar do seu patrimonio natural e cultural.

Ao igual que no caso da marca da Rede de Reservas de Biosfera, o club atópase auspiciado dente o Organismo Autónomo Parques Nacionais, véndose reforzado coa implicación do Instituto de Turismo de España “Turespaña”.

As empresas adheridas á marca da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo (produtores primarios, agroindustrias ou restauración) terán acceso directo a optar pola súa integración no Club de produto turístico, que á súa vez outorga o dereito á inclusión no Club de ecoturismo español, distinción equivalente á Carta europea de turismo sostible. Na rede de establecementos adheridos se potenciará o consumo de produtos da Reserva de Biosfera.

Asesoramento e formación

A marca, a través do equipo técnico da Reserva, ofrecerá un servizo de asesoramento continuo a todos os seus asociados, tanto en aspectos xenéricos como de cara a atender necesidades particulares ou específicas.
Este asesoramento complementarase con actividades formativas puntuais (cursos, xornadas, seminarios) nas que se abordarán aqueles aspectos máis relevantes e demandados polos asociados e nos que se contará con expertos de contrastada valía e solvencia.

Información e apoio no acceso a axudas e subvencións

A información e apoio de cara á candidatura de axudas e subvencións abordarase dende distintas vertentes:

  • As empresas adheridas veranse beneficiadas no seu conxunto das axudas ás que consiga concorrer e ser obxecto de concesión por parte do ente xestor da marca.
  • Dende o equipo técnico manterase informados aos asociados daquelas convo-catorias que poidan ser do seu interese. De ser así solicitado, o equipo técnico prestará de maneira individualizada o apoio necesario para a elaboración e presentación da documentación pertinente.
  • Fomentaranse e dinamizaranse iniciativas de desenvolvemento (fomento do asociacionismo, catálise de proxectos, novas iniciativas,…