A Castrexa

 

P

aula Patiño xa levaba varios anos tendo un laboratorio creativo culinario cando decidiu iniciar no ano 2016 iniciar o proxecto de ACastrexa.

A súa empresa está adherida ao Decálogo de Sostenibilidad Integral de la Industria Agroalimentaria do Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente. Adoita traballar baixo pedido, comercializando tamén online e cara pequenos establecementos do entorno da Reserva de Biosfera (20%), do resto da provincia da Coruña (70%), ámbito galego (3%) es estatal (7%).

ACASTREXA – ARTE GALEGO NA TUA COCIÑA 

QUÉ FAN

Crean alimentos que achegan as tradicións máis auténticas de Galicia ao desexo de consumidores esixentes que queren probar novas experiencias. Convidan os seus clientes a explorar os seus gustos e a descubrir novas texturas, cores, aromas e sabores a través de combinacións que amplían o rexistro dos nosos sentidos. Os seus alimentos inspiran solucións creativas e permiten darlle un sabor único a cada receita e a cada momento. Todos temos un lado artístico na cociña. Por iso en Acastrexa contribúen a que os seus clientes enriquezan os seus pratos e receitas cunha acuarela de sabores.

 

OS SEUS ALIMENTOS:

Están a innovar constantemente e buscando novas fórmulas que aumenten os horizontes dos nosos padais. Consideran calquera suxerencia de sabores novos e convidan os seus clientes a que exploren distintas formas de combinar os alimentos na mesa.

Bebidas:

As súas bebidas permiten conexións entre variedades de produtos autóctonos galegos e a creatividade dos consumidores á hora de maridarlos e combinalos con distintos elementos.

Condimentos :

Todas os alimentos poden reforzar as súas propiedades e sabores cun pouco de sal, pero case nunca pensan en que tipo de sal. En Acastrexa convidan as persoas a que experimenten os sabores que enriquecen os sales aromáticos das froitas e hortalizas galegas.

 

Salsas, cremas y mousses.

De texturas nítidas e con gran personalidade de sabor, o seu grupo de salsas, cremas e mousses poden servirse nunha gran variedade de temperaturas, sabores, aromas e acompañamentos. En Acastrexa queren enriquecer o padal dos consumidores e convidalos a explorar de que modo unha crema pode converterse en moito máis que unha sobremesa ou un aderezo a un prato.

Untables, tintas y guarniciones

Hai quen lles chama ”marmeladas” pero para eles son moito máis. Os untables son o material creativo de Acastrexa por excelencia. A súa textura e as súas cores fortes bríndanlle a consistencia xusta para despregar a nosa arte e usar galletas, pans, tostadas e calquera outra superficie como lenzo. Tamén se poden usar como tintas, dándolle un sútil matiz de sabor a un prato, ou como guarnicións que aderezan e dan brillo, personalidade e frescura a novas receitas.

Inclasificables Acastrexa

Ao ser un laboratorio de creatividade culinaria en constante actividade, os produtos de Acastrexa desafían constantemente todo intento de etiqueta ou categorización. Por iso presentan solucións que entran en conflito cos tipos de alimento tradicionais, pero combinan aromas, sabores e texturas distintas.

 

A castrexa

  • Persoa de contacto: Rosa Paula Patiño Varela
  • Teléfono: 615 615 193
  • Enderezo electrónico: acastrexa@gmail.com
  • Dirección: Os Campóns, 37. 15181 Cambre