Nuria Calo é unha arqueóloga que en 2010 decidiu fundar As Camposeiras, unha marca de conservas tradicionais a base de froita e verdura que cultiva na súa finca de Oleiros. Os sabores tradicionais, como fresón, mazá ou pera conviven con outros máis exóticos, como cabaza e vainilla, laranxa con café ou grelo.
Coas súas conservas quere que a xente volva a infancia a través dunha alimentación sa baseada en produtos artesáns moi coidados e de calidade.
A froita e verdura utilizada para as conservas é produto da súa explotación e de produtores de confianza da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo polo que aseguran a súa calidade dende a horta ata o seu envasado. No obradoiro reconvértena en conservas listas para o seu goce.