Labrecos

Labrecos son dous irmáns que se dedican a produción de horta ecolóxica situada no concello de Oza-Cesuras, na parroquia de Dordaño e inscrita no Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia. Traballan varias parcelas con hortalizas, legumes, cereais e forraxes.

IVÁN e AITOR somos dous irmáns que xestionamos coa axuda da familia e con moita
ilusión unha explotación de produción ecolóxica no concello de Oza-Cesuras, na provincia
da Coruña.

Vimos de crear unha cooperativa de traballo asociado, LABRECOS S. COOP GALEGA.

Temos certificadas polo CRAEGA (Consello regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia), co código GA/02420/PV, máis de 16 ha ao aire libre e 3.800 m2 de invernadoiros.

As producións comercializadas son: Horta, froita (maceiras e pereiras autóctonas), carne (cordeiro, porco, galo e vacún), ovos e cereais para alimentar aos nosos animais.

BUSCAMOS:

  • Protexer a biodiversidade: a nosa vida e a súa calidade dependen do mantemento duns ecosistemas saudables.
  • Respectar o medio ambiente: sen emprego de produtos químicos de síntese, diminuíndo a pegada de carbono e contribuíndo á loita fronte ao cambio climático.
  • Revitalizar o rural: coidamos do territorio e apostamos pola creación de empregos dignos no eido agroalimentario.
  • Proporcionar unha alimentación saudable: facilitando que os nosos produtos cheguen á túa mesa, aos restaurantes e aos comedores escolares do territorio.
  • Soberanía alimentaria: é o “dereito dos pobos a un alimento nutritivo e culturalmente adecuado, accesible e producido dun xeito ecolóxico e sostible, así como a decidir o seu propio sistema alimentario e produtivo”.

 

LABRECOS S .COOP. XUVENIL

  • Persoa de contacto: Iván Lata Rodríguez
  • Localización: LG. O CASTRO 5, DORDAÑO, OZA CESURAS, 15391 A CORUÑA
  • Produtos que elabora: horta e granxa ecolóxicas
  • Teléfono contacto: 641446956
  • Enderezos electrónicos: labrecos@gmail.com,  labrecos@facebook.com/https://www.instagram.com/labrecos_s.coop.galega/