SEITURA

M

ónica Malvar criouse nun entorno rural en Ourense, onde participou de prácticas tradicionais de agricultura familiar. Cursou estudos de deseño gráfico, traballando en empresas de marketing, publicidade e nunha editorial.

No ano 2016 inicia a súa formación agraria que a levará a cursar o Programa Integrado para o Emprego BIO-emprende, o Curso de aptitude Empresarial Agraria para a incorporación á actividade así como outros cursos formativos de especialización en horticultura e fruticultura.

É entón cando decide mercar unha vivenda e a súa propiedade anexa na parroquia de Vilamourel, en Paderne, co obxectivo de dedicarse profesionalmente á agricultura ecolóxica.

A súa explotación atópase certificada polo Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA) para a produción de horta e froita (nº de operador do CRAEGA GA/03118/PV), contando tamén con produción avícola artesá da Raza Galiña de Mos co obxecto de diversificar a produción.

Xestiona unhas 1,7 hectáreas en produción, maioritariamente con cultivos ao aire libre, pero tamén cun invernadoiro de 600 m2.

O principais valores que Mónica pretende inculcar ao seu proxecto son: integridade; responsabilidade; respecto á saúde; desenvolvemento persoal e social; calidade e servizo ao cliente; innovación; promoción da biodiversidade.

Os seus principais clientes son tendas ecolóxicas da contorno, grupos de consumo, restaurantes e venda directa ao consumidor final.

SEITURA