ueixos Cagiao é unha empresa familiar emprazada no lugar de Medín (Vilamorel-Paderne) que combina a produción de vacún de leite coa elaboración de queixos.
O número de cabezas coas que conta a explotación é de arredor de 200, dispoñendo de 103 hectáreas para a produción de forraxes.
Na actualidade da emprego a 11 persoas, elaborando distintos tipos de queixos sempre a partir do leite da súa propia explotación.
A produción anual é de preto de 130.000 kg de queixo, dos que o 70% é de queixos frescos e o 30% de queixos curados.
A meirande parte da distribución a realizan eles directamente, agás nas zonas máis afastadas da provincia de Ourense e en Ponferrada (León) onde contan cun distribuidor. Os seus principais clientes son pequenas tendas da comarca de Betanzos, Coruña cidade, Lugo cidade, Lugo costa, Ourense cidade, Ferrol e Santiago de Compostela.