LÚA DE DEXO

L

 

úa de Dexo nace no ano 2016, da man de Sonia e Fran, como horta de autoconsumo nunha parcela de arredor de 6.000 m2 en Dexo, Oleiros, en pleno Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes.

No verán de 2017, a insistencia dos veciños por mercar os seus produtos fai que comecen a plantexarse pouco a pouco a dedicación profesional á actividade, feito que finalmente se materializa no ano 2019 coa inscrición no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.

Traballan coa intención de que a súa explotación sexa un modelo de sustentabilidade, polo que non empregan produtos químicos, centrándose na loita biolóxica para o control de pragas.

Na actualidade contan cunha produción baixo cuberta de 1.440 m2 e unha superficie ao aire libre de arredor de 6 hectáreas. A maioría das parcelas son froito de cesións por veciños da contorna.

Están especializados no cultivo de tomate gourmet, dispoñendo de máis de 60 variedades. Ademais cultivan máis de 150 variedades de cultivos como berenxena (6 variedades), pataca (4 variedades), chile picante (20 variedades), flores comestibles, herbas aromáticas, faba (6 variedades), feixón verde (3 variedades),…

A comercialización da súa produción está repartida entre restauración da cidade da Coruña (60%) e clientes particulares (40%), ofertando tanto entrega a domicilio con medios propios ou por servizos externos, segundo o destino.

Lúa de Dexo

  • Persoa de contacto: Sonia e Fran
  • Enderezo: R/ Carballos, 54 15177 Dexo (Oleiros)

     

  • Teléfono: 634 837 219 
  • Enderezo electrónico: franciscogilpuentes@gmail.comwww.granxaluadedexo.com