HORTAECO

E

loy Galán conta coa formación do Grao Superior en Gandeiría e Asistencia en Seguridade Animal impartida dende o Centro de Promoción Eural EFA Fonteboa. Esta paixón polo mundo agrario viuse reforzada pola súa participación no Programa Integrado para o Emprego “Bioemprede”, impartido dende a Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos e centrado na produción de horta e froita ecolóxica.

No ano 2016 da de alta a súa explotación de Abegondo, rexístrase no Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia e resulta beneficiario das axudas de incorporación de mozos á actividade agraria por parte da Consellería do Medio Rural.

Dispón de dous invernadoiros cunha superficie total de 1.570 m2 e arredor de 5.000 m2 destinados á produción ao aire libre. Todas as parcelas están situadas no concello de Abegondo.

A comercialización da produción está dirixida principalmente a clientes particulares e maioristas de froitas e verduras.

F

HortaEco

  • Persoa de contacto: Eloy Galán Lagüela
  • Teléfono: 658561026
  • Enderezo electrónico: ahortaeco@gmail.com

  ]