Eva Mª Rodríguez Rodríguez

E

va Rodríguez atópase dende o ano 2000 á fronte dunha explotación familiar de vacún de leite, en funcionamento dende os anos 70 e que vai xa pola súa 3ª xeración.

Emprazada na parroquia de Dordaño (concello de Oza-Cesuras) conta con certificación ecolóxica dende decembro de 2017.

Na actualidade dispón de 42 cabezas (60% en lactación) e unha produción anual entorno aos 120.000 kg de leite, cuxa comercialización canaliza cara a industria láctea de leite ecolóxico UHT.

A alimentación dos animais baséase no pastoreo, apoiándose cando a climatoloxía é máis adversa en ensilado de herba e pequenas porcentaxes de concentrados de cereais ecolóxicos.

Cunha base territorial de 45 hectáreas (60% propias e 40% arrendadas ou cedidas) ten como obxectivo unha produción ecolóxica de leite que ademais sexa sostible ao recorrer o menos posible a insumos externos. Boa parte da superficie actual de pastoreo obtívose coa reconversión de terreos anteriormente dedicados á produción forestal de especies de crecemento rápido.

O obxectivo marcado é o de tentar medrar ata o máximo permitido pola regulamentación ecolóxica (2 UGM/ha), sempre dende a óptica da sostibilidade e a defensa dunha actividade agraria digna no seu contorno.

Eva traballa co apoio dunha persoa asalariada e a colaboración puntual de alumnado en prácticas de centros de formación agraria.

Eva Mª Rodríguez Rodríguez

  • Persoa de contacto: Eva Mª Rodríguez Rodríguez
  • Teléfono: 646 178099
  • Correo electrónico: evadecesuras@gmail.com

[ ]