A Horta de Porta

A

explotación de Roberto Porta está inscrita no Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA) co código GA/02980/PV.

Aínda que ven do sector da electricidade, unha rama completamente diferente á agricultura sempre tivo contacto co mundo da horta. Por esta razón, e con ganas de cambiar a súa forma de vida, en 2017 pon en marcha “ A Horta de Porta” coa axuda da Asociación de Desenvolvemento Rural do seu territorio e grazas a un plan de financiamento a emprendedores que lle foi concedida pola entidade bancaria A Caixa.

A día de hoxe xa conta con 10000 m2 repartidos en 8 parcelas e con 840 m2 de invernadoiros.

A súa produción é do máis variada, vai dende hortalizas como as verzas, cabazas, tomates, pementos ou cebolas, pasando por plantas aromáticas e silvestres ata árbores froiteiras.

Estes produtos van dirixidos a restaurantes da zona, tendas especializadas e sobre todo á venda in situ debido no punto de venda que ten na propia explotación.

Para o inicio da súa aventura produtiva contou así mesmo co pulo viveiro de empresas agroalimentarias que ten a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo no polígono de Iñas, en Oleiros.

A Horta de Porta

  • Persoa de contacto: Roberto Porta Pereiro
  • Teléfono: 678049649
  • Enderezo electrónico: ahortadeporta@gmail.com

]