Jorge Molina é un Enxeñeiro Técnico Agrícola concienciado no respecto medio ambiental.
Tras unha longa traxectoria como asesor no sector da agricultura ornamental, e coñecedor das prácticas e obxectivos da agricultura moderna, decide emprender un proxecto de horta baseada nos principios fundamentais da agroecoloxía, especializándose en produtos diferenciados para restauración e hostalería. En definitiva, unha horta de confianza para particulares e hostaleiros concienciados nunha alimentación saudable, saborosa, de proximidade, de calidade e respectuosa co medio ambiente e o noso entorno económico e social.
Enflor nace no ano 2019 na finca O Sisto, no lugar de A Esperela, concello de Paderne. Traballa arredor de 8.000 m2 de superficie ao aire libre e 800 m2 baixo cuberta, co máximo respecto ao solo e tentando xerar biodiversidade coa creación de espazos diversos de cultivo (horta, froiteiras, aromática e flores) e zonas de plantas e sebes como illas de refuxio de fauna útil.
Enflor combina nos seus cultivos innovación e tradición, cultivando principalmente microvexetais, microbrotes, follas tenras, flores así como tirabeque, chícharo bágoa, diversas variedades de tomate e pemento, kale, pack choi, cabazas, couveflor, acelgas, espinacas,…que distribúe persoalmente na Coruña, Ferrol e as súas contornas.
O consumo do bombeo do o sistema de rega e abastecemento enerxético da pequena oficina da que dispón na explotación xéranse a partir de placas fotovoltaicas.