ADEGA BEADE

A

Comarca de Betanzos é unha das zonas de maior tradición vitivinícola de Galicia, e José Antonio Beade e a súa familia son deses poucos viticultores que teñen permitido manter ata hoxe esta tradición que continúan as xeracións que xa veñen por detrás.

“Elaboramos viño de mesa, e a creación da Indicación Xeográfica Protexida Viño da Terra de Betanzos alá polo ano 2000 veu a representar un gran impulso para nós e en xeral para todos os viticultores, animando a modernización das nosas pequenas adegas tradicionais. Supuxo tamén ter que replantar con variedades de calidade, mellorar o cultivo da viña, os tratamentos, ata a propia elaboración do viño con técnicas máis modernas”.

“O noso reto é que o consumidor se achegue aos nosos viños con curiosidade, son viños novos, frescos e que non ocultan a súa orixe, pois a través do viño pódense identificar as características dos nosos solos e o noso clima.”

“Hai anos, antes de que se fixese a replantación con variedades de calidade, o viño de Betanzos non tiña moi boa sona, pero cada día máis xente está a descubrir o potencial e a calidade que temos.. isto xa non é coma antes!”.

Na actualidade, a meirande parte das operacións da adega están en mans de José Bouzón Beade, a terceira xeración de viticultores de Casa Beade.

Os produtos que ofrecen coa marca da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo son:

– Ribeiras de Armea “Blanco Lexítimo”

– Ribeiras de Armea “Blanco Lexítimo, Godello e Agudelo”

ADEGA BEADE

  • Persoa de contacto:María Teresa Beade Cal
  • Teléfono: 981 797 443
  • Enderezo electrónico: Casabeades.l@hotmail.com
  • dirección: San Mamede, 8. 15314 Paderne

[

ADEGA BODEGA BEADE
VINO RIBEIRAS DE ARMEA

]