A HORTA DO MONTE

F

ran levaba toda a súa vida laboral dedicada a outro sector totalmente alleo á agricultura. Soamente mantiña contacto coa horta ao residir no rural e manter a típica produción de autoconsumo.

Chega un momento que por motivos persoais ten que abandonar o seu emprego de sempre e volver á vivenda familiar. É entón cando se decata que ten ao alcance da man a súa ilusión de sempre, traballar e vivir dunha explotación hortícola, o cal pon en práctica a principios do ano 2019.

Ademais das parcelas da vivenda familiar, consegue a cesión doutras superficies anexas á súa vivenda para achegarse a algo máis de 1 hectárea de produción ao aire libre apoiada por un pequeno invernadoiro sobre todo para produción de plantel.

Reparte a comercialización dos seus produtos entre restaurantes do entorno e vendas en feiras e mercados locais.

A pesar de que aínda no tomou a decisión de certificarse en agricultura ecolóxica, ten claro que os seus produtos saen ao mercado sen ningún tipo de tratamento.

A Horta de Sueiriña

  • Persoa de contacto: Francisco José López Roca
  • Teléfono: 616388284
  • Enderezo: Lugar O Monte, 15175 Cañás (Carral)